jueves, 19 de marzo de 2015

Unha bacteria 'ultra-pequena'

Ese diminuto organismo que vemos na imaxe é o que moitos científicos creen como a forma de vida máis simple e reducida que a natureza é capaz de producir. Esta bacteria foi fotografiada por primeira vez a través dun microscopio electrónico por un equipo de científicos da Universidade de California.
O tamaño medio destas bacterias é de 0.009 micras cúbicas, caberían máis de 150.000 na punta dun cabelo humano. Este tipo de microorganismos foi atopado en mostras de augas subterráneas e os investigadores pensan que poden ser moi comúns, estas bacterias contan con espirales no seu interior, o que moitos pensan que pode ser ADN, densamente empaquetadas e con un número moi reducido de cromosomas e con un metabolismo tan limitado que probablemente necesitan depender de outras bacterias para moitas das súas necesidades. Estas células son de tan reducido tamaño que apenas poden conter o material suficiente como para sustentar a vida, o seu xenoma foi secuenciado polos investigadores e descubriron que apenas consta dun millón de bases.

No hay comentarios:

Publicar un comentario