jueves, 19 de marzo de 2015

Un tiburón con máis de 80 millóns de anos

O 31 de xaneiro de 2015 algo increíblemente arrepiante conmocionou a case todos os galegos coñecedores da seguinte noticia.
Resulta que, un pequeno barco pesqueiro chamado 'O chapeliño' estaba pescando en O Grove, cando pescou este exemplar a dez millas ao oeste da illa de Sálvora. O nome científico desta criatura é: 'Chlamydoselachus anguineus' , pero máis coñecido como tiburón anguila e ten algo máis de 80 millóns de anos de historia ás súas costas. Este animal está considerado coma un fósil vivinte, xa que apenas evolucionou nos últimos 50 millóns de anos, unha das súas maiores peculiaridades é que non se parece en nada á imaxe que temos hoxe en día dos tiburóns. Un importante aficionado a estos temas, Toño Maño, di que o seu cráneo ten similitudes cos de especiesextintas que viviron fai uns 400 millóns de anos. A presenza deste tipo de criaturas nos oceanos é moi rara, xa que nos últimos 40 anos só se atoparon 3 exemplares desta expecie, un en O Grove, Galicia, outro en Australia e o último en Escocia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario