viernes, 20 de marzo de 2015

A maior temperatura, máis neve na Antártida

Con todo o xeo que acumula, a Antártida é o continente máis seco do planeta. Dunha extensión 28 veces maior que a de España, alí só neva en zonas costeiras. Nas elevadas mesetas do interior, o frío é tal que conxela a humidade impedindo as precipitacións. Sin embargo, o quentamento global estaría levando o xeo cada vez máis para adentro do casquete polar.
Para recibir máis información, varios climatólogos europeos foron 20.000 anos atrás, cando comezaba o fin da última gran glaciación, o xeo foise retirando de grandes zonas do planeta, isto axudou á expansión do ser humano gracias a un clima máis benigno. Os investigadores analizaron a informació obtida de seis bloquesde xeo que extraeron da Antártida, e comprobaron que hai unha relación entre o quentamento producido despois da glaciación e o aumento da acumulación de neve. 'Por cada grado de quentamento rexional, a neve caída aumenta nun 5%', esta foi a conclusión final que acadaron os investigadores despois de rematar coa primeira investigación. A elevación das temperaturas fai que se evapore máis auga dos océanos que rodean a Antártida e o extra de humidade provoca máis precipitacións cando a circulación da atmósfera leva ese aire cálido e húmido cara o interior do casquete.
Na outra punta do planeta, no Ártico, todo parece máis sinxelo. O cambio climático está provocando un acelerado desxeo das zonas árticas. Isto acabará por elevar o nivel do mar en todo o planeta.
Aínda que o principal obxectivo do estudo era saber canta neve podría gañar a Antártida por quentamento, e algúns dos investigadores explican: 'O desxeo provocado por un aire máis cálido é alí un problema menor, calcúlase que a aportación do desxeo superficial á perda global de xeo da Antártida será pequena polo menos ata finais deste século', pero a parte disto añaden: 'Un maior problema é o chamado desxeo basal pola atracción do océano sobre a liña da terra, a transición entre o xeo terrestre e o xeo flotante, que é o maior factor de descarga de xeo antártico ao mar'.





No hay comentarios:

Publicar un comentario