viernes, 12 de diciembre de 2014

O Frankenstein do siglo XXI

Esta aparente "máquina" chámase Frank e é o primeiro home totalmente biónico.
O seu inventor é Richard Walker, membro da compañía británnica Shadow Robo. Richard, mentres construía a Frank quedou bastante sorprendido pola cantidade de órganos humanos que xa se poden crear nun laboratorio, máis dun 60% do noso organismo xa se pode reconstruír artificialmente. Todas as partes que constitúen a Frank están destinadas a empregarse nun futuro como reemplazo de órganos enfermos ou amputados nun corpo humano real, e o prezo de todas elas alcanza algo máis de 800.000 de euros. Frank ten pernas capaces de andar, brazos, unha tráquea, riles, un corazón capaz de bombear sangue artificial.... Pero non obstante, Frank non está de todo completo, faltalle un aparato dixestivo e o máis importante: un cerebro, por agora este xigante artificial uns 2 metros de altura só funciona respondendo ás ordes dun ser humano que o controla a través dun ordenador.

Video dos primeiros pasos deste monstruo da inxeniería:

< />