sábado, 21 de marzo de 2015

Un millón de palanetas habitables na Vía Láctea

A Terra non é o único planeta da nosa galaxia que pode ser habitado, segundo un estudo que publicou a revista Monthly Notices, os planetas situados en zoas habitables de estrellas da Vía Láctea poderían ser millóns, unha cifra impensable de planetas que poderían conter auga líquida, e incluso organismos vivos.
A nave Kepler da NASA ten como misión principal atopar exoplanetas, é dicir, planetas que se atopan fóra do noso Sistema Solar. A misión do Kepler está diseñada para detectar planetas que orbitan relativamente cerca das súas estrelas, polo que algúns destes planetas soen ter unha temperatura demasiado elevada para a vida, pero a pesar disto moitos dos pplanetas que conseguíu atopar hasta o momento poderían conter vida ou simplemente auga, pero o bache máis grande que separa estes datos dun descubrimento realmente asombroso é que a vía de acceso a esos planetas é algo impensable para os nosos científicos.




Dormir, máis beneficios que desventaxas

Entre as moitas funcións que ten o sol, inclúese a de emplealo como reloxo, é máis, hai unha zoa case no centro do noso cerebro, o hipotálamo, que recibe información da retina para saber cando é de día e cando de noite, e a partir ded ahí para organizar unha serie de accións para manternos alerta ou para decirnos cando é hora de descansar. E isto é o que di a ciencia sobre esas persoas que poñen calquera cousa como excusa para retrasar a súa hora de irse á cama:

  1. Eres máis intelixente, pero tamén rindes menos.
Varios estudos atoparon unha relación entre o feito de dormir pouco e unha maior intelixencia. Un destes estudos realizouse en España, e analizaron a case 1000 estudantes dun instituto de Madrid, despois de pasarlles unha encuesta para determinar o tempo de descanso que empregaban, fixéronlles unha proba que mide o que se denomina como razonamento inductivo, exercicios con secuencias de letras que dan unha medida da intelixencia global. E é certo que as maiiores puntuacións obtidas relacinanse cos alumnos de maior rendemento académico.

  2.A súa capacidade de atención mostra maior resistencia.
Fai un par de anos, na revista Science publicaron un estud que fixeron con búhos (ave nocturna) e alondras (ave vespertina). Nas probas de atención os búhos, que descansaban moito menos que as alondras mostraban un maior índice de atención, simplemente non solo tiña que ver coa hora do día na que se despertasen, si non que soportaban mellor o avance do reloxo e é como se estubesen entrenados para vencer mellor a presión do sono.

  3. A súa capacidade deportiva é irregular ao longo da xordana.
Un estudo afirma que para deportes como a natación ou o ciclismo, o rendemento das persoas matutinas é maior, mentres que o das persoas vespertias no o é tanto. Hai tamén quen di que as mellores horas para xogar ao fútbol son entre as 4 da tarde e as 8, o que quere decir que xogan mellor e máis cómodamente as persoas que dormen hasta tarde que as que madrugan e se poñen a xogar un partido de fútbol as 11 da mañan.




viernes, 20 de marzo de 2015

A maior temperatura, máis neve na Antártida

Con todo o xeo que acumula, a Antártida é o continente máis seco do planeta. Dunha extensión 28 veces maior que a de España, alí só neva en zonas costeiras. Nas elevadas mesetas do interior, o frío é tal que conxela a humidade impedindo as precipitacións. Sin embargo, o quentamento global estaría levando o xeo cada vez máis para adentro do casquete polar.
Para recibir máis información, varios climatólogos europeos foron 20.000 anos atrás, cando comezaba o fin da última gran glaciación, o xeo foise retirando de grandes zonas do planeta, isto axudou á expansión do ser humano gracias a un clima máis benigno. Os investigadores analizaron a informació obtida de seis bloquesde xeo que extraeron da Antártida, e comprobaron que hai unha relación entre o quentamento producido despois da glaciación e o aumento da acumulación de neve. 'Por cada grado de quentamento rexional, a neve caída aumenta nun 5%', esta foi a conclusión final que acadaron os investigadores despois de rematar coa primeira investigación. A elevación das temperaturas fai que se evapore máis auga dos océanos que rodean a Antártida e o extra de humidade provoca máis precipitacións cando a circulación da atmósfera leva ese aire cálido e húmido cara o interior do casquete.
Na outra punta do planeta, no Ártico, todo parece máis sinxelo. O cambio climático está provocando un acelerado desxeo das zonas árticas. Isto acabará por elevar o nivel do mar en todo o planeta.
Aínda que o principal obxectivo do estudo era saber canta neve podría gañar a Antártida por quentamento, e algúns dos investigadores explican: 'O desxeo provocado por un aire máis cálido é alí un problema menor, calcúlase que a aportación do desxeo superficial á perda global de xeo da Antártida será pequena polo menos ata finais deste século', pero a parte disto añaden: 'Un maior problema é o chamado desxeo basal pola atracción do océano sobre a liña da terra, a transición entre o xeo terrestre e o xeo flotante, que é o maior factor de descarga de xeo antártico ao mar'.





jueves, 19 de marzo de 2015

Unha bacteria 'ultra-pequena'

Ese diminuto organismo que vemos na imaxe é o que moitos científicos creen como a forma de vida máis simple e reducida que a natureza é capaz de producir. Esta bacteria foi fotografiada por primeira vez a través dun microscopio electrónico por un equipo de científicos da Universidade de California.
O tamaño medio destas bacterias é de 0.009 micras cúbicas, caberían máis de 150.000 na punta dun cabelo humano. Este tipo de microorganismos foi atopado en mostras de augas subterráneas e os investigadores pensan que poden ser moi comúns, estas bacterias contan con espirales no seu interior, o que moitos pensan que pode ser ADN, densamente empaquetadas e con un número moi reducido de cromosomas e con un metabolismo tan limitado que probablemente necesitan depender de outras bacterias para moitas das súas necesidades. Estas células son de tan reducido tamaño que apenas poden conter o material suficiente como para sustentar a vida, o seu xenoma foi secuenciado polos investigadores e descubriron que apenas consta dun millón de bases.

Un tiburón con máis de 80 millóns de anos

O 31 de xaneiro de 2015 algo increíblemente arrepiante conmocionou a case todos os galegos coñecedores da seguinte noticia.
Resulta que, un pequeno barco pesqueiro chamado 'O chapeliño' estaba pescando en O Grove, cando pescou este exemplar a dez millas ao oeste da illa de Sálvora. O nome científico desta criatura é: 'Chlamydoselachus anguineus' , pero máis coñecido como tiburón anguila e ten algo máis de 80 millóns de anos de historia ás súas costas. Este animal está considerado coma un fósil vivinte, xa que apenas evolucionou nos últimos 50 millóns de anos, unha das súas maiores peculiaridades é que non se parece en nada á imaxe que temos hoxe en día dos tiburóns. Un importante aficionado a estos temas, Toño Maño, di que o seu cráneo ten similitudes cos de especiesextintas que viviron fai uns 400 millóns de anos. A presenza deste tipo de criaturas nos oceanos é moi rara, xa que nos últimos 40 anos só se atoparon 3 exemplares desta expecie, un en O Grove, Galicia, outro en Australia e o último en Escocia.

viernes, 12 de diciembre de 2014

O Frankenstein do siglo XXI

Esta aparente "máquina" chámase Frank e é o primeiro home totalmente biónico.
O seu inventor é Richard Walker, membro da compañía británnica Shadow Robo. Richard, mentres construía a Frank quedou bastante sorprendido pola cantidade de órganos humanos que xa se poden crear nun laboratorio, máis dun 60% do noso organismo xa se pode reconstruír artificialmente. Todas as partes que constitúen a Frank están destinadas a empregarse nun futuro como reemplazo de órganos enfermos ou amputados nun corpo humano real, e o prezo de todas elas alcanza algo máis de 800.000 de euros. Frank ten pernas capaces de andar, brazos, unha tráquea, riles, un corazón capaz de bombear sangue artificial.... Pero non obstante, Frank non está de todo completo, faltalle un aparato dixestivo e o máis importante: un cerebro, por agora este xigante artificial uns 2 metros de altura só funciona respondendo ás ordes dun ser humano que o controla a través dun ordenador.

Video dos primeiros pasos deste monstruo da inxeniería:

< />

jueves, 30 de octubre de 2014

Inauguran en Ámsterdam o primeiro museo de bacterias

O fundador deste museo,Haig Balian, afirma que "máis da metade do osíxeno que empregamos no mundo contén unha infinidade de bacterias e microorganismos e cando sabemos que no noso organismo hai bastantes máis microorganismos que células, entón dámonos conta de que nos tamén pertencemos ao mundo invisible.
Neste museo non solo poderás ver unha infinidade de bacterias e virus, si non que tamén che darán a coñecer a forma de vida dalgúns dos animais de menor tamaño deste planeta como son as formigas, pulgas, etc. Pero o máis impresionante deste innovador museo é que mediante unhas imaxes aceleradas que amosan ao público podese ver como, por exemplo, un kiwi se vai deteriorando ao longo de varios días.

Na seguinte ligazón poderedes ver un video que resume á perfeción todo o que leva a cabo este museo:

http://www.dailymotion.com/video/x27dr2u_micropia-un-nuevo-museo-dedicado-a-los-microorganismos_news